SAN SILVESTRE LUGO
O pasado 31 de Decembro disputouse en Lugo a tradicional San Silvestre, co igual que moitos dos pobos e cidades de toda a xeografía galega e nacional, se celebrou co gallo de despedir o ano do xeito máis deportivo e atlético posible. Do noso club, catro atletas disputaron esta cita xa clásica e na cal se conqueriu un podium.
Este podium o lograba o atleta Alex López, que lograba imporse na categoría cadete, logrando así un meritorio triunfo. O pupilo de Mariano Castiñeira empregaba un tempo de 27.30 minutos en cubrir os 6.5 km dos que constaba o circuito.
Pola súa parte, Diego Trigo finalizaba no posto 75 da xeral, mentras que o seu compañeiro de equipo Roberto Longarela o facía no posto 225. Por último, en féminas, Paula García entraba no posto 85.
SAN SILVESTRE. SARRIA
Sarria tamén despedía o ano ca tradicional milla da San Silvestre, e aquí tamén había respresentación do club ca presencia de dous atletas e onde tamén se lograba un podium.
Así, Carmen Expósito lograba finalizar na segunda posición na súa categoría de Veteranas, mentras que Fernando González entraba no posto 65 da clasficación xeral.
SAN SILVESTRE SADA E SAN CIPRIÁN.
Por último tamén houbo representación do club nas san silvestres de Sada e San Ciprián, a cargo da atleta infantil Irea Ferreiro, que tivo unha destacada actuación nas dúas probas, xa que lograba a segunda posición en Sada, mentras que en San Ciprián impoñíase. En ambas, na súa categoría de infantil femenino.
CONCENTRACIÓN DE MARCHA DE NADAL. PONTEVEDRA
A Federación Galega de Atletismo ven de convocar a Vanesa Blanco, Noelia Sánchez, Nerea Lage e Marcos Burgo á Concentración de Marcha de Nadal, que se celebra na cidade de Pontevedra entre os días 2 a 5 de Xaneiro. Durante esos días estes nenos compartirán entrenamentos e convivencias coa élite de marcha galega, así como os responsables da sección de marcha da Federación Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario