CAMPEONATO GALLEGO CADETE. PONTEVEDRA
O pasado 30 de Maio se disputou o Campeonato Galego Cadete nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra, e no cal estiveron presentes cinco atletas do club, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de catro medallas.
Así, a gran triunfadora da xornada foi María Carballido, que lograba proclamarse campeona galega na proba dos 1.500 metros obstáculos cunha mellor marca persoal de 5.49 minutos, que lle da o pase directo o Campeonato de España Cadette por Federacións que se dispute os vindeiros 20 e 21 de Xuño en Alcobendas (Madrid).
Pola súa parte, Pablo Piñón lograba a medalla de plata na proba do salto de altura, tamén cun mellor rexistro persoal de 1.60 metros. O seu compañeiro de equipo, Adrián Lage lograba o mesmo posto na proba dos 3.000 metros lisos cun crono de 9.43 minutos.
Miguel Ángel Sánchez lograba a súa primeira medalla nun autonómico, o finalizar na terceira posición, e polo tanto lograr a medalla de bronce, na proba dos 5 km marcha, onde tamén facía un mellor rexistro persoal de 29.09 minutos. Por último, meritoria actuación de Alex López na proba dos 600 metros, onde finalizaba na decimoctava posición cun mellor rexistro persoal de 1.44 minutos.
CARREIRA POPULAR RUTA DO ROMÁNICO. FERREIRA DE PANTÓN
Na mesma xornada, máis de 25 atletas do noso club estiveron presentes na Carreira Popular Ruta do Románico, que se disputou en Ferreira de Pantón, e onde se lograban un total de 11 podiums.
Así, na categoría A, que englobaba os prebenxamíns, Aldara Ceide lograba a victoria, mentras que a súa compañeira de equipo Noa Mouriz entraba en segunda posición. Na proba masculina, Ramón Loureiro lograba o segundo posto do podium.
Na categoría B, Samuel Castedo lograba a victoria, sendo o seu compañeiro de equipo Juan David López o terceiro clasificado. Nesta mesma categoría, tripleta das nosas nenas, xa que Noelia Sánchez, Andrea Fariñas e Nerea Lage lograban as tres primeiras plazas por ese orde.
Xa na categoría C, Adil Loussini gañaba a proba, mentras que Marcos Burgo entraba en terceira posición. Na proba absoluta, o xuvenil Tino Villar acadaba a segunda posición.
Nesta mesma proba tamén participaron Pilar Cobas e Manuel Ceide, que finalizaban nos postos 6º e 7º na súa categoria de veteranos respectivamente.
CARREIRA DE MONTAÑA DO CAUREL
Tamén houbo representación nesta clásica proba de montaña, onde o club tiña presencia co atleta Jesús Rivas, que lograba finalizar a proba de 44 km, mentras a súa compañeira de equipo Ester Mourenza facía a de 18 km.
No hay comentarios:
Publicar un comentario