Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 28 de septiembre de 2015

Resultado Fins de semana no verán

CAMPEONATO DE ESPAÑA VETERANOS
 
 
O pasado 26, 27 e 28 de Xuño se disputou en Alcobendas (Madrid) o campeonato de España de Veteranos, no cal estivo presente a nosa atleta Carmen Expósito, que tivo un destacado papel.
 
Carmen tomou parte nas probas dos 200 e 400 metros lisos, logrando a sexta posición na proba dos 200 metros lisos e a séptima posición na proba dos 400 metros lisos.
 
 
MEDIA MARATÓN PALAS-MELIDE
 
O pasado 27 de Xullo se disputou tamén a Media maratón Palas-Melide, e na cal estivo presente unha representaición do club a cargo de 3 atletas.
 
O máis destacado foi Jesús Rivas, que lograba finalizar no posto 80 cun tempo de 1.39 h. Manuel Ceide entraba no posto 308, mentras que a súa compañeira de equipo Ester Mourenza o facía no posto 45 entre as féminas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario