CARRERA DE LA MUJER
O Pasado domigo 20 de Septiembre se disputou na localidade de A Coruña unha nova edición da Carreira da Muller, na que tomaron parte unhas 6.000 deportistas e na cal se presentaban 3 nenas do noso club, que tiveron unha gran actuación xa que lograban un total de 3 podiums.
Así, na clasificación xeral da proba, Noelia Sánchez lograba un fenomenal séptimo posto da clasificación, sendo ademáis a gañadora da categoría de 12 a 15 anos. A súa compañeira de equipo, María Carballido entraba inmediatamente detrás da súa compañeira de equipo, logrando así a octava posición e o segundo escalafón do podium na categoría de 12 a 15 anos. Moi destacable a actuación tamén de Nerea Lage, que lograba a posición 23 da xeral. Na clasificación por equipos, victoria absoluta das 3 nenas.
CARREIRA POPULAR DE TABOADA
Tamén na xornada do sábado 19 se celebraba a tradicional Carreira Popular de Taboada, e a cal acudiron unha docena de nenos e nenas do equipo e onde lograban un total de 7 podiums.
Así, Rebeca Vázquez se impoñía na carreira de pitufos, en canto Ramón Loureiro lograba a segunda posición na categoría A. Neste mesmo grupo de edad, Aldara Ceide lograba o terceiro posto.
Xa na categoría B, Juan David López lograba a terceira posición, mentras que na categoría C dominio dos nosos nenos, xa que Cristian Santos lograba a vencer nesta proba e o seu compañeiro Miguel Ángel López entraba en segunda posición. Entre as nenas, Vanesa Blanco lograba a terceira posición.
CAMPEONATO GALLEGO DE MEDIA MARATÓN. PETÍN (OURENSE)
Se disputaba na localidade ourensá de Petín o Campeonato Galego de Media Maratón ca presencia da nosa atleta Mar López, que lograba un fantástico resultado, xa que lograba proclamarse campeona galega da categoría W40.
Sobre o duro trazado da localidade de Valdeorras, Mar invertía un crono de 2.02 horas, que lle daba o seu primeiro título autonómico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario