MILLA URBANA DE O BARCO DE VALDEORRAS.
O pasado domingo 13 de septiembre se disputou na localidade ourensá de O Barco de Valdeorrás a XXIX Edición da Milla Urbana, a máis importante de cantas se celebran en territorio galego e que contou ca presencia de catro atletas do club, que lograron un total de catro podiums nesta importante cita atlética.
Así, na categoría cadete masculina, Adrián Lage lograba un cómodo triunfo, mentras que as súas compañeiras de equipo María Carballido e Noelia Sánchez lograban o segundo posto nas categorías cadete e infantil respectivamente. Tamén moi meritorio o séptimo posto de Cristian Montecelo na categoría junior, nunha proba de gran nivel.
CARREIRA POPULAR DE MEAÑO.
Tamén tomaba partido este fin de semana o atleta Ramón López na carreira popular de Meaño (Pontevedra), onde lograba o posto 231 da xeral
No hay comentarios:
Publicar un comentario