CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA MAR
Comenzo de temporada para algún dos xóvenes atletas do club. Nesta ocasión se desplazaban ata a fermosa Praia de Benquerencia tres deportistas para tomar parte nesta singular proba atlética que convina asfalto, area e tamén uns 300 metros pola auga do mar.
O máis destacado foi o cadete Adrián Lage, que lograba a victoria na súa categoría. Miguel Ángel López lograba a cuarta posición, mentras que María Carballido conquistaba o tercer escalafón do pódium na proba cadete femenino.
Polo que respecta os adultos, presencia de Diego Trigo na súa volta a competición, onde lograba finalizar no posto 33 da xeral.
CAMPEONATO GALEGO DE 10 KM EN RUTA
O pasado domingo 6 de septiembre se disputaba na localidade coruñesa de Vimianzo o Campeonato Galego de 10 km en ruta, onde tomaban parte dúas atletas do club, e onde se lograba un pódium. Este viña a cargo da atleta María del Mar Pérez, que cun crono en torno os 54 minutos lograba a medalla de bronce na categoría F-40.
Tamén moi meritorio o cuarto posto na súa categoría F-55 de Carmen Expósito, despois dunha longa temporada con problemas físicos.
Paralelamente a esta competición se desenrolaba a proba popular, na cal tomou parte Ramón López, que lograba acabar no posto 153 da xeral, e tamén Fernando González, que o facía no posto 168.
CARREIRA POPULAR MUROS E SANTA CRUZ (RIBADEO)
Tamén houbo representación do club nestas dúas populares de final de verán. A atleta infantil Irea Ferreiro gañaba a proba conxunta cadete-infantil, na que era unha das súas últimas actuacións co noso club, xa que na vindeira temporada estará militando no club AD Mazí de Vilagarcía de Arosa. Desexámoslle, polo tanto, unha feliz estadía no seu novo destino atlético.
Polo que se refiere a carreira do monte Santa Cruz de Ribadeo, Diego Trigo finalizaba no posto 41 da xeral, mentras que Juan Carlos Varela no posto 78
No hay comentarios:
Publicar un comentario