Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 15 de enero de 2017

Resultados Fin de semana 14 de xaneiro 2017

CORRE CON NÓS. NOCTURNA MONUMENTAL

O pasado 14 de Xaneiro se disputou a primeira proba do circuito lucense do Corre con Nós, onde estiveron presentes un bo número de atletas do club, e onde se lograban un total de catro pódiums na categoría de menores.


Noelia Sánchez, Vanesa Blanco e Eva Freire lograban un triplete na proba cadete femenino, ocupando as tres primeiras posicións nese mesmo orde. Polo que respecta a categoría benxamín, Aldara Ceide lograba a victoria. Tamén destacada era a actuación dos cadetes masculinos, xa que Cristian Santos entraba en cuarta posición, Noel Villárabide en octava e Juan Zas na décimo segunda.

Xa na proba dos adultos, e por primeira vez, o club participa na categoría de equipos mixtos. O mellor clasificado foi Jesús Rivas, que lograba o posto 28 da xeral. O resto da actuación dos membros do equipo foi a seguinte.
Diego Fernández- posto 45
Felipe Barata- posto 93
Juan Carlos Varela- posto 424
Manuel Ceide- posto 500
Adrián Alonso- posto 742
Darlene López- posto 169 F
Ana Novo- posto 171 F
Ester Mourenza- posto 176 F
Mónica Sancosmed- posto 177 F

CONTROL MARCAS. A CORUÑA
O venres 13 se disputaba en A Coruña un control de marcas, o cal acudían María Carballido e Noelia Sánchez. Noelia lograba a victoria na proba dos 1.000 metros lisos cun crono de 3.04 minutos, marca que lle da o pase o Campeonato de España de Pista Cuberta que se disputará o vindeiro mes de de marzo en Antequera (Málaga).

Pola súa parte María, lograba a victoria nos 800 metros lisos cun tempo de 2.28 minutos, e unha hora despois tomaba parte nos 1.500 metros lisos, onde entraba en cuarta posición cun tempo de 5.18 minutos.

TROFEO DE MARCHA VILLA DE LOS MOLINOS. CAMPO DE CRIPTANA

Gran actuación dos nosos marchadores no Trofeo Nacional de Marcha de Campo de Criptana (Ciudad Real), onde se lograban un total de dous pódiums. Así, Nerea Lage lograba a segunda posición na categoría cadete femenino, debutando ademáis na distancia dos 5 km e facendo un tempo de 27.21 minutos.

Pola súa parte, Marcos Burgo tamén era segundo na categoría cadete masculina, marcando en meta un crono de 26.48 minutos. Por último, Miguel Ángel Sánchez era descalificado na categoría xuvenil, no que era o seu debut sobre a distancia dos 10 km.

CROSS VILLA DE LOS MOLINOS. CAMPO DE CRIPTANA



Paralelamente o torneo de marcha, o día seguinte se disputaba o Cross Villa de los Molinos, na mesma localidade manchega e na que participaban os cadetes Nerea Lage e Marcos Burgo.


Nerea amosaba o seu bo estado de forma e lograba a victoria na carreria cadete, sumando así un novo pódium neste fin de semana. Polo seu lado, Marcos Burgo entraba en séptima posición na categoría masculina


1ª XORNADA CIRCUITO CONCELLO DE VIGO

Tamén houbo representación do club na 1ª Xornada do Circuito Concello de Vigo de Atletismo a cargo de Lucía Varela, que lograba unha gran marca de 11.15 minutos nos 3.000 metros lisos, no que era o seu debut na proba e tamén a cargo de Mateo Jaúregui, que entraba no noveno posto nos 600 metros, cun tempo de 1.48 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario