Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 30 de enero de 2017

Resultados Fin de semana 22 de xaneiro

CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS. LUGO

Gran actuación do noso equipo de atletismo na Clasificatoria de Cross que se disputou o pasado domingo 22 de Xaneiro no circuito da Feira de Exposicións de Lugo, e onde o club foi o gran dominador da zona sur, cun total de 19 podiums.

Así, na categoría benxamín, Aldara Ceide lograba a victoria, mentras que a debutante Mara Montes subía o tercer escalafón do pódium. Polo que respecta a categoría masculina, Ramón Loureiro lograba a segunda posición.

No tocante os alevíns, Carla Reija tamén lograba a victoria na categoría femenina e Rebeca Arias era segunda. Entre os nenos, Mateo Aguiar era segundo e Héctor Trabado, terceiro. Nestas dúas probas, o equipo do Atletismo Friol lograba a victoria por equipos.

Na categoría infantil, triplete dos nosos nenos,  xa que David Fariñas, Juan David López e Javier Lourés entraban nos tres primeiros postos no orden relatado, dando así a victoria por escuadras o noso club, mentras que o equipo das nenas era segundo.

Na categoría cadete, Marcos Burgo tamén lograba a victoria por diante do seu compañeiro de equipo Noel Villarábide, que era segundo.  Nas nenas, triplete das nosas chicas, xa que Noelia Sánchez gañaba a proba e Nerea Lage e Andrea Fariñas eran segunda e terceira respectivamente.

CARREIRA POPULAR DE RÁBADE.
O pasado 21 de Xaneiro se disputou en Rábade a Carreira Popular de dita localidade e na cal estiveron presentes uns 15 atletas do noso club, e onde se lograban un total de 4 podiums nas categorías de menores.


Así, na categoría A, Mateo Villar lograba a segunda posicion, mentras que a súa compañeira de equipo, Rebeca Miragaya lograba subir o tercer escalafón do pódium.  Polo que respecta a categoría B, Aldara Ceide lograba a victoria. Por último, María Carballido tamén lograba imporse na categoría C.


Na proba absoluta, Adrián Lage finalizaba no posto 22 da xeral, mentras que Jesús Rivas o facía inmediatamente despois, finalizando no posto 23.  Manuel Ceide entraba no posto 242, Nemesio Gutierrez, no 319 e entre as mulleres a máis destacada era Paula García, que remataba no posto 51, mentras que Ester Mourenza e Ana Novo o facían no posto 61 e 62 respectivamente.



 
I CROSS A MARIÑA. LOURENZÁ

Lourenzá era escenario do I Cross da Mariña, e onde houbo representación de atletas do noso club, que xe que Jesús Rivas finalizaba no posto 15 da categoría xeral, mentras que Ester Mourenza rozaba postos de pódium, finalizando no cuarto posto.
 
CONTROL DE MARCAS. LUGO

Por último, no control de marcas de Lugo, presencia de catro atletas do club. María Carballido rozaba a mínima para o campeonato de España Xuvenil, xa que finalizaba os 800 metros cun tempo de 2.24.52 minutos, a escasas 52 centésimas que lle otorgaría o pase o campeonato de pista cuberta que se disputará en Sabadell. Pola súa parte, Adrián Lage debutaba nesta tempada nos 1.500 cun tempo de 4.22.

Tamén tomaban parte no control os cadetes Samuel Castedo e Alejandro Fernández, que na proba de salto de altura farían unha marca de 1.51 e 1.45 metros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario