Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 30 de enero de 2017

Resultados Fin de semana 28 de xaneiro

CAMPEONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. A CORUÑA
 
O pasado sábado 28 de Xaneiro se disputou en Pazo de Deportes de Riazor (A Coruña) o campeonato galego cadete de pista cuberta, na cal estiveron presentes ata un total de 6 atletas do club e onde se obtivo un balance de dous podiums.
 
Samuel Castedo, no seu debut na categoría lograría a medalla de prata no salto de altura, onde lograba un rexistro de 1.56 metros, marca que supón unha  nova mellor marca persoal. Pola súa parte, a súa compañeira, Noelia Sánchez, lograba tamén a medalla de prata na proba dos 1.000 metros lisos, obtendo un rexistro de 3.06 minutos.
 
Na proba dos 3.000 metros lisos, Lucía Varela lograba a sexta posición, facendo n aliña de meta un tempo de 11.26, mentras que Andrea Fariñas na mesma proba facía un rexistro de 12.24 minutos, que lle otorgaba a oitava praza na mesma proba.
 
Por último, Alejandro Fernández ocupaba tamén a sexta posición na proba do salto de altura cunha marca de 1.48 metros e Mateo Jaúregi era décimo no triplo salto cun mellor salto de 9.40 metros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario