Atletismo Friol

Atletismo Friol

miércoles, 24 de junio de 2015

Resultados Fin de semana 21 de xuño

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE 100 KM EN RUTA. SANTANDER
 
O pasado 20 de Xuño se disputou en Cantabria o Campeonato de España de 100 km en ruta, onde o noso club estaba representado a cargo de Fernando Ibarra, que lograba un meritoria séptima posición na súa categoría de veteranos M45, logrando finalizar cun tempo de 10.04 horas. Ademáis, finalizaba no posto 40 da clasificación xeral.
 
A actuación do chantadino Ibarra cabe casi de calificala de proeza, debido as dificultades físicas cas que acometeu esta proba, xa que a partir dos 50 km debía de parar varias veces con fortes llagas nos pés debido a un desaxuste cas plantillas e sendo atendido polos servicios médicos o finalizar a proba. Fernando tratará de recuperarse para afrontar os 6djours de France, unha das probas máis duras do mundo.
 
CAMPEONATO DE ESPAÑA CADETE POR FEDERACIÓNS. ALCOBENDAS
 
Tamén tiñamos representación en Alcobendas a cargo da atleta cadete María Carballido, que tomaba parte na proba dos 1.500 metros obstáculos dentro do Campeonato de España Cadete por Autonomías, e onde Galicia finalizaba na séptima posición.
 
A actuación de María estivo penalizada por unha caída non primeiro obstáculo seco, que impedíu que en ningún momento estivera dentro da carreira, finalizando na 13ª posición cun crono de 6.00 minutos.
 
I CONTROL ARDE LUCUS
 
Tamén tomaba parte o mesmo 20 de Xuño Adrián Lage no I Control Arde Lucus, onde buscaba a mínima para participar no nacional cadete na proba dos 3.000 metros lisos. Pese a gañar a proba, Adrián quedou lexos do seu obxectivo, o parar o crono en 9.32 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario