RESUMEN ANUAL TEMPORADA ATLETISMO
Por tercer ano, o noso colexio continuou na formación deportiva dos nosos nenos a través do deporte do atletismo, onde estiveron presentes en casi cincuenta eventos deportivos que se desenrolaron o longo de toda esta tempada. Máis de cincuenta alumnos se viron beneficiados polas actividades programadas dende o centro educativo.
Aínda que os resultados ocupen un lugar secundario dentro do elemento formativo desta actividade, cabe sinalar que os alumnos Adrián Lage, María Carballido e Miguel Ángel Sánchez estiveron presentes nas seleccións galegas de cross e marcha respectivamente. Ademáis, Adrián lograba tres títulos autonómicos e María Carballido gañaba tamén un título galego nos 1.500 metros obstáculos ademáis de dúas medallas de bronce noutras probas. Tamén Marcos Burgo era doble subcampeón galego de marcha e o equipo infantil de campo a través, tamén subía o tercer peldaño do pódium, así como os marchadores Miguel Ángel Sánchez e o xovencísimo Mario Campos. Un exalumno do centro e asociado o club, como é Cristian Montecelo, lograba o titulo de campeón galego na proba da milla.
Outras nenas como Nerea Lage, Vanesa Blanco e Noelia Sánchez foron concentradas en dúas ocasións ca Escola Galega de Marcha en base a súa proxección deportiva e foron a dúas probas organizadas pola Federación Española de Atletismo en Rentería e Campo de Criptana (Ciudad Real) Tamén por primeira vez un grupo de nenos e nenas estivo presente nun dos eventos máis importantes da tempada invernal como foi o Cross de Aranda de Duero (Burgos).
Polo que respecta os eventos, o Colexio de Friol colaborou activamente na organización de catro probas que dinamizaron a estructura deportiva do pobo. Estes foron o Campeonato Provncial Absoluto de Cross, o Campeonato Galego de Cross por equipos, Cadete e Xuvenil, a Carreira Popular de Friol, e por primeira vez, a Andaina de Friol, que unía o centro escolar ca Fortaleza de San Paio de Narla e que tivo unha participación de máis de 200 persoas.
Pero o máis destacado volvía a ser o comprosimo de todo o alumnado que está na actividade de atletismo co aprendizaxe e ca formación persoal, así como a implicación en manter un bo ambiente de grupo que lles faga mellorar como persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario