GRAN PREMIO CANTONES DE MARCHA. A CORUÑA
O pasado 6 de Xuño se disputou na cidade de A Coruña o tradicional Gran Premio de Marcha de A Coruña, englobado dentro do circuito internacional de Federación Internacional de Atletismo, a IAAF Race Walking Challange, e onde cinco nenos do noso club tomaron parte na mesma, logrando un excelente resultado todos eles, logrando ademáis tres podiums. Ademáis, os nosos nenos presenciaron un momento histórico para o atletismo galego, xa que se batía por primeira vez un récord do mundo en suelo galego a cargo da china Liu na proba dos 20 km marcha.
En canto os resultados dos nosos atletas, a máis destacada foi Vanesa Blanco que lograba a victoria na proba dos 3 km marcha infantil cun crono de 16.24 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Noelia Sánchez facía tamén unha excelente proba o finalizar terceira cun crono de 16.34 minutos. Ambas lograban superar con amplitude a súa MMP
Polo que respecta a categoría infantil masculino, Marcos Burgo lograba a segunda posición na proba dos 3 km cun gran crono de 15.48 minutos. Tamén na proba dos 5 km cadete, Miguel Ángel Sánchez tivo un gran comportamento o finalizar cuarto cunha MMP de 28.18 minutos, mentras que por último, o benxamín Mario Campos tamén destacaba cun cuarto posto na proba de 1 km marcha cun rexistro de 6.42
CAMPEONATO GALEGO XUVENIL. A CORUÑA
O pasado domingo se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego Xuvenil, e no cal estivo presente o noso deportista Cristian Montecelo, que participou en tres probas e que lograba unha medalla de bronce.
Dita medalla a conquería na proba de triple salto, onde cun mellor rexistro de 12.18 metros lograba ese citado tercer escalafón do podium.
Na proba dos 400 metros valados finalizaba no cuarto posto, cun mellor rexistro de 1.00.57 minutos.
Polo que respecta o salto de lonxitude, Cristian finalizaba noveno cun mellor salto de 5.38 metros.
CORRE CON NÓS. FRIGSA
Se disputou tamén en Friga a última proba do clásico circuito de carreiras populares do Corre con Nós, e onde se entregaban os trofeos os mellores clasificados de dito circuito, e no cal se lograba un podium a cargo de Carmen Expósito, que finalizaba en segunda posición na súa categoría de veteranos.
A actuación do resto de atletas do club nesta proba foi a seguinte: Jesús Rivas finalizaba no posto 54, Manuel Ceide no 141, Fernando González no 264 e Paula García no 116 e Ester Mourenza no 131 na clasificación de féminas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario