Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 18 de junio de 2015

Resultados Fin de semana 13 de xuño

CAMPEONATO GALLEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. FERROL
 
O pasado 13 de Xuño se disputou na cidade de Ferrol o Campeonato Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, e a cal acudían 12 nenos do noso club, que lograban figurar entre os 16 mellores do ránking das súas respectivas probas, e polo tanto, tiñan dereito a participar neste evento de máximo rango autonómico. O comportamento de todos eles foi sensacional, disfrutando e competindo a un bo nivel e logrando un total de 6 medallas, repartidas en dous ouros, dúas pratas e dous bronces.
 
Así, Marcos Burgo lograba proclamarse campeón galego de 3 km marcha na categoría infantil, facendo un crono de 16.01 minutos, mentras que a súa compañeira Paula Piñón lograba o título autonómico na proba de lanzamento de xavalina cunha mellor marca de 25.59 metros.
 
Pola súa parte, Vanesa Blanco lograba a medalla de plata, e polo tanto, o subcampeonato na proba dos 3 km marcha infantil cun tempo de 16.41. Cristian Santos era tamén subcampeón na proba de triplo salto, cun mellor salto de 9.42 metros.
 
Polo que respecta os bronces, estes eran acadados por Andrea Fariñas na proba dos 3.000 metros lisos, onde facía unha marca de 11.46 minutos, mentras que nos 3 km marcha Noelia Sánchez subía o tercer escalafón do pódium cun rexistro de 16.41 minutos.
 
Moi salientable e destacable a actuación do resto de atletas. Así, o propio Cristian Santos lograba o cuarto posto na proba dos 3.000 metros lisos, o mesmo posto que facía a súa compañeira de equipo Nerea Lage na proba dos 3 km marcha. Noel Villarábide lograba o sexto posto nos 3.000 metros lisos. Na proba do triple salto femenino, Paula Piñón finalizaba no sexto posto, mentras que Noelia Sánchez era decimocuarta. Andrea Iglesias lograba uns meritorios sexto e séptimo posto nas probas de lanzamento de disco e peso respectivamente, mentras que os Jorge Santos finalizaba na décima posición na proba de lanzamento de disco. A mesma posición que lograría súa irmán na proba dos 2 km marcha alevín, mentras que Mario Campos finalizaba no sexto posto na proba do 1 km marcha. En defintiva, gran xornada para todos eles, na que siguen aprendendo os valores da educación deportiva. 

CAMPEONATO GALEGO DE VETERANOS. O BARCO
 
O pasado 14 de Xuño se disputou en O Barco de Valdeorras o campeonato galego de veteranos, e no cal estiveron presentes 2 atletas do noso club, logrando un total de 3 medallas neste evento, sendo dúas de ouro e unha de prata
 
Así, Carmen Expósito lograba subir o pódium por partida doble, o gañar a proba dos 400 metros lisos na súa categoría F55 e ser segunda na proba dos 200 metros lisos. Pola súa parte, o seu compañeiro de equipo, Fernando Ibarra lograba o título de campeón galego na proba dos 10.000 metros lisos na categoría de M45.
 
CAMPEONATO GALEGO DE MONTAÑA. ESGOS (OURENSE)
 
Tamén se disputou en Esgos (Ourense) o campeonato galego de montaña, e na cal tomaron parte dous atletas do club, destacando Ester Mourenza que lograba a novena posición na categoría femenina. Pola súa parte, Jesús Rivas lograba o posto 44 da xeral na categoría masculina. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario