Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 10 de mayo de 2016

Resultados Fin de semana 10 de abril

GRAN PREMIO DE MARCHA DE RIO MAIOR (PORTUGAL)

Gran actuación dos nosos atletas no Gran Premio Internacional de Rio Maior (Portugal), proba pertencente a Challengue Mundial de Marcha da IAAF. Neste evento se conseguiu un fantástico podium a cargo de Marcos Burgo, que lograba a segunda posición na categoría cadete, sobre a distancia de 2 km dos que constaba nesta ocasión o percorrido da proba. Marcos marcaba un crono final de 9.26 minutos.

Gran actuación tamén das atletas infantiles, onde destacaba Noelia Sánchez, que firmaba un excelente cuarto posto cun crono de 9.55 minutos e que supoñía unha mellora de dous segundos con respecto o anterior record galego que estaba en posesión da internacional Antía Chamosa. Noelia sera a segunda española en entrar en meta, mentras que a súa compañeira de equipo Nerea Lage o facía en oitava posición cun  crono de 10.30 minutos.

Polo que respecta a Miguel Ángel Sánchez, este lograba a quinta posición na categoría de juveniles, onde marcaba un crono de 27.15, quedando a solo 15 segundos para logar a mínima para o Campeonato de España Cadete.


CAMPEONATO GALEGO DE MILLA EN RUTA. SADA

Tamén tiñamos presencia no Campeonato Galego de Milla en Ruta, que se disputaba na localidade coruñesa de Sada, e onde o atleta Adrián Lage lograba un valiosísimo podium, o lograr o subcampeonato autonómico na cateogoría xuvenil.

Adrián lograba un crono de 4.48 nun circuito que estivo marcado polas duras condicións metereolóxicas. Ademáis lograba a novena posición na clasificación xeral.



CARRIERA DE MONTAÑA CAMOVI (VIVEIRO)

Tamén se disputaba na xornada de domingo, a Carreira de Montaña CAMOVI, que se disputaba na localidade de Viveiro, e que é unha das máis importantes de cantas se celebran en territorio galego. Nela tomaban parte Jesús Rivas e Ester Mourenza, finalizando esta última no posto 11 na proba de 10 kilómetros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario