CAMPEONATO GALLEGO DE TRAIL. A VEIGA (OURENSE)
O pasado domigo 3 de Abril se disputaba en A Veiga (Ourense) o Campeonato Galego de Trail, no que tomaba parte o chantadino Fernando Ibarra. O noso bravo atleta lograba o título autonómico, e polo tanto, a medalla de ouro na categoría de M-45, ademáis de lograr o posto 15 na clasficación xeral. Este é o segundo título galego para Fernando, despois do logrado no galego de veteranos en pista na proba dos 10.000 metros lisos.
CRITERIUM NACIONAL DE MARCHA. CÁCERES
Ata Cáceres se desplazaba tamén o cadete Marcos Burgo, para disputar o Criterium Nacional de Marcha. Marcos tivo un excelente comportamento, xa que lograba a medalla de bronce neste importante torneo nacional, mellorando ademáis a súa MMP na distancia dos 5 km marcha, cun tempo de 25.07 minutos.
CORRE CON NÓS.
Tamén se disputou a proba do Corre con Nós, con varios dos nosos atletas en liza, e onde destacou o segundo posto de Lucía Varela na categoría C. O outro podium da xornada o lograba Ánxela Maneiro, que lograba un excelente tercer posto na categoría A, mentras que o seu irmán Paulo Maneiro o facía no posto 38 na categoría masculina. Nesta mesma categoría, Aldara Ceide lograba o séptimo posto.
No tocante a clasficación da proba absoluta, Jesús Rivas finalizaba no posto 68, mentras que Diego Trigo o facía no 194 e Manuel Ceide no 342, sendo terceiro na súa categoría de veteranos. Ester Mourenza o facía no posto 143 da proba femenina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario