Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 10 de mayo de 2016

Resultados Fin de semana 24 de abril

2ª PROBA CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA. LUGO
 
O pasado 24 de Abril se disputou a segunda proba clasificatoria para o campeonato provincial de Atletismo en Pista do programa Xogade. Nesta ocasión os nosos atletas lograron un total de 30 postos de posición de podium.
 
Así, as victorias se lograban a cargo de Jorge Santos no lanzamento de disco e martelo, de Samuel Castedo na altura infantil, de Mario Campo na proba dos 2 km marcha alevín, Leyre Santos nos 2 km marcha alevín, Nerea Lage nos 3 km marcha infantil, Noelia Sánchez nos 1.000 metros lisos infantil, Juan Zas nos 3 km marcha infantil e Paula Piñón no lanzamento de disco.
 
Os segundos postos se conquerían por parte de Martín Vran na proba de martelo, Jorge Santos na xavalina, Noa Mouriz na distancia do 1 km marcha, Aldara Ceide nos 1.000 metros lisos benxamín, Lucía Varela no salto de altura infantil, Carla Reija nos 500 metros lisos benxamín, Alexis Castedo no salto de altura benxamín, Nerea Lage no lanzamento de disco infantnil e  Esteban Espiñeira no lanzamento de disco infantil.
 
Por último, no que respecta os terceiros postos, Rebeca Arias no 500 metros lisos, Javier Lourés nos 2.000 metros lisos, Esteban Espiñeira no lanzamento de martelo, Juan David López no salto de altura alevín, Leyre Santos na xavalina alevín, Paula Piñón nos 80 metros vallas, Esteban Espiñeira no lanzamento de peso, Noelia Sánchez no lanzamento de martelo, Lucía Varela nos 150 metros lisos, Mateo Jaúregi no lanzamento de disco e Andrea Fariñas nos 1.000 metros lisos.
 
Polo que respecta as probas de control cadete, destacar os 26.32 minutos que lograba Miguel Ángel Sánchez na distancia dos 5 km marcha, que significan marca mínima para o Campeonato de España Cadete que se disputará o vindeiro mes de xullo en Granollers. Nesta proba tivo a inestimable colaboración de Marco Burgo, que lle foi tirando toda a proba. Tamén moi cerca da mínima se quedou María Carballido nos 1.500 metros obstáculos, onde pulverizaba a súa MMP en máis de 12 segundos, deixandoa en 5.32 minutos. Pola súa parte, Vanesa Blanco gañaba os 3 km marcha e Eva Freire era segunda. Andrea Iglesias tamén lograba imporse tanto no lanzamento de disco como no lanzamento de peso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario