Atletismo Friol

Atletismo Friol

martes, 10 de mayo de 2016

Resultados Fin de semana 26 de marzo

CARREIRA POPULAR QUIROGA

Como xa é tradición, o pasado venres santo nos acercamos a Quiroga para a disputa da clásica carreira popular “Feira do Viño”, onde cerca de trinta deportistas do club tiveron presencia nesta interesante proba e na cal o club obtiña un total de 10 podiums.

Así, a primeira en subir o caixón de premiación era Lucía Espiñeira, que lograba a segunda posición na categoría prebenxamín femenino. Xa na categoría alevín, David Fariñas lograba a segunda posición, mentras que o seu compañeiro de equipo Juan David López Ramos acadaba o tercer posto. Entre as nenas, Rebeca Vázquez lograba a terceira posición.

Polo que respecta a categoría infantil, Noel Villarábide lograba o triunfo nesta proba,  e onde Samuel Castedo entraba en terceiro lugar. Andrea Fariñas era segunda na proba feminina. O mesmo posto que ocupaba Cristian Santos na categoría cadete masculina. María Carballido tamén era segunda na categoría cadete femenino, mentras que por último, Adrián Lage debutaba na proba absoluta e finalizaba no posto 16 da xeral, sendo ademáis o segundo na categoría xuvenil-promesa.


CONCENTRACIÓN MARCHA

Por outro lado, na pasada Semana Santa, os marchadores Marcos Burgo, Miguel Ángel Sánchez, Vanesa Blanco, Noelia Sánchez e Nerea Lage estiveron concentrados ca Escola Galega de Marcha en A Lanzada (Pontevedra) un total de catro días, onde estiveron entrenando ás ordes do responsable galego de marcha, D. Carlos Morales. Nesta concentración se incluiron as precisións técnicas e físicas necesarias para afrontar a última parte da temporada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario