Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 16 de junio de 2016

Resultados Fin de semana 25 de maio

CAMPEONATO GALEGO INFANTIL DE CLUBS. A CORUÑA

O pasado 22 de Maio se disputou na cidade de A Coruña o Campeonato Galego de Infantil de Clubs, e no cal tomaron parte os dous equipos do Atletismo Friol, tanto na categoría femenina como na masculina.

O equipo femenino lograba o sexto posto na clasificación final, onde se lograban un total de catro victorias parciais. Así, Lucía Varela lograba imporse na proba dos 1.000 metros obstáculos, onde ademáis facía un excelente rexistro de 3.27 minutos, que ademáis supoñía un novo récord galego da categoría. Lucía completaba unha gran actuación ca victoria no lanzamento de xabalina. Tamén lograba a victoria Noelia Sánchez nos 1.000 metros lisos cunha marca de 3.05 minutos, así como Paula Piñón no peso con 9.67 metros. Paula tamén lograría un segundo posto no lanzamento de peso, así como Nerea Lage nos 3 kilómetros marcha. Pola súa parte, Andrea Fariñas era terceira na proba dos 3.000 metros lisos.

Entre os nenos, cabe salientar a actuación de Esteban Iglesias no peso, onde lograba a segunda posición e tamén a de Juan Zas nos 3 kilómetros marcha, onde remataba no terceiro posto.



Na clasificación conxunta, o club lograba o cuarto posto

2ª JORNADA DIPUTACIÓN DE LUGO.

Tamén houbo representación do club na II Xornada Diputación de Lugo, que se disputou no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, e no cal tomaron parte Adrián Lage e María Carballido.

Así, María Carballido , finalizaba na cuarta posición dos 300 metros lisos cadetes cun crono de 45.65 segundos, mentras que nos 600 metros lisos ocupaba a terceira posición cunha MMP de 1.44 segundos. Pola súa parte, Adrián Lage ocupaba a terceira posición no seu debut nos 2.000 metros obstáculos, facendo un excelente crono de 6.23 minutos e quedándose a tres segundos para a marca mínima do Nacional.


COLOR RUN E BÓVEDA

Tamén houbo representación do club na Color Run de Lugo e na Carreira Popular de Bóveda, onde Diego Trigo facía podium por partida doble no fin de semana. Así, na carreira Color Run de Lugo finalizaba nunha excelente segunda posición absoluta, mentras que na Popular de Bóveda lograba o tercer posto na categoría senior.

Pola súa banda, Ánxela Maneiro ocupaba a segunda posición na categoría benxamín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario