Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 16 de junio de 2016

Resultados Fin de semana 30 de abril

CONTROL DE MARCAS. NOIA
 
Ata Noia se desplazaron 3 nenas do noso club para tomar parte nun control de marcas, obtendo uns moi bos resultados.
 
Así, na proba dos 1.000 metros lisos, Noelia Sánchez gañaba na categoría infantil cun crono de 3.06 minutos, mentras a súa compañeira de equipo Lucía Varela lograba a segunda posición cun tempo de 3.13 minutos.  Pola súa parte, Nerea Lage lograba a cuarta posición cun tempo de 3.22 minutos.
 
 
CONTROL DE MARCAS. O BARCO DE VALDEORRAS
 
Tamén o pasado sábado 30 de Abril houbo un control de marcas na vila ourensá de O Barco de Valdeorras, onde competiron catro nenos e nenas do club.
 
Así, Mateo Jaúregui lograba a terceira posición nos 500 metros libres, onde facía un tempo de 1.35 minutos, a cuarta posición no salto de lonxitude cun salto de 3.62 metros e a sexta posición no disco con 13.95 metros.
 
Pola súa parte Lucía Neira era octava nos 80 metros lisos cun tempo de 14.03 segundos. Na lonxitude, victoria para Paula Piñón cunha marca de 4.23 metros e segunda posición para Lucía Varela cun salto de 3.96 metros. Lucía Neira con 3.39 metros era sexta. Paula Piñón tamén gañaba con solvencia a proba de lanzamento de peso cun tiro de 10 metros. Por último, tamén vencía na proba de lanzamento de disco cun tiro de 23.62 metros, onde Lucía Neira era séptima con 10.91 metros. Lucía Varela tamén gañaba a proba de xavalina cun tiro de 24.90 metros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario