IV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DE FRIOL
Como era de prever, moitísima presencia de atletas do noso club na IV Edición da Carreira Popular Concello de Friol, e onde máis de 60 atletas estiveron disfrutando deste evento que se facía na nosa casa e onde se conseguiron un total 19 podiums.
Así, na categoría prebenxamín, victoria para Mateo Villar, mentras que no apartado feminino Rebeca Vázquez lograba o tercer escalafón do pódium.
Polo que respecta a categoría benxamín, segundo posto para Aldara Ceide, mentras que na categoría alevín triplete na proba dos nenos, con David Fariñas logrando a primeira posición e os seus compañeiros Javier Lourés e Jesús Fagil entrando en segunda e terceira posición.
Na categoría infantil, dominio de Noelia Sánchez, mentras que a súa compañeira Lucía Varela lograba a terceira posición. Entre os nenos, Noel Villarábide gañaba a proba e Samuel Castedo acadaba a segunda posición do pódium.
Triplete das nenas cadetes na súa proba, xa que María Carballido, Vanesa Blanco e Lúa Martinez ocupaban as tres primeiras posicións nese orde, mentras que entre os nenos, victoria para Cristian Santos e tercer posto para Miguel Ángel Sánchez.
Por último, Cristian Montecelo lograba a victoria na categoría xuvenil e Manuel Ceide acadaba a terceira posición na súa categoría de veteranos.
GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA LOS CANTONES. A CORUÑA
Un ano máis varios atletas do club estiveron presentes nunha das citas máis importantes do calendario atlético que se celebra no noso país, o GP Internacional de Marcha de Los Cantones de A Coruña, puntuable para a Challengue Mundial da IAAF. Nas categorías inferiores lográbamos un total de dous pódiums.
Así, a actuación máis destacada da xornada viña a cargo de Noelia Sánchez na categoría infantil femenina, onde lograba un meritorio segundo posto cun extraordinario crono de 15.42 minutos, MMP sobre a distancia. A súa compañeira de equipo Nerea Lage, tamén facía a MMP na distancia, marcando un tempo de 16.02 minutos, que lle servía para facerse con tercer posto tamén na categoría infantil.
Na categoría benxamín, bo debut da xovencísima Noa Mouriz, onde lograba a séptima posición cun tempo de 6.16 minutos. Polo que respecta os alevín, Mario Campo lograba a cuarta posición cun tempo de 11.44 minutos e Leyre Santos a séptima, marcando en meta un crono de 12.32 minutos.
Polo que respecta os cadetes, bo debut de Eva Freire nun evento destas características, logrando a séptima posición cun tempo de 18.00 minutos, mentras que o seu compañeiro de equipo Miguel Ángel Sánchez ocupaba a cuarta posición nos 5 km cun crono de 27.11. Marcos Burgo abandonaba a proba por lesión.
MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO
O pasado sábado 28 de Maio se disputou en Lugo o Memorial Gregorio Pérez Rivera, e na cal estiveron presentes 3 atletas do club, onde lograban outros tantos pódiums, no que é a cita máis importante da temporada de pista o aire libre na nosa provincia.
Así, Andrea Iglesias lograba a segunda posición na proba de lanzamento de disco, cun mellor tiro de 24.21 metros. Pola súa parte, Adrián Lage conquería a segunda posición nos 800 metros lisos e onde firmaba unha MMP de 2.02 minutos. Por último, María Carballido lograba a terceira posición nos 1.000 metros lisos cun tempo de 3.15 minutos e finalizaba no cuarto posto na proba dos 300 metros lisos.
MINI TRAIL DO CAUREL
Na proba do Mini Trail do Caurel, tamén tiñamos presencia con tres atletas do club. O máis destacado eran Jesús Rivas, que finalizaba no posto 40 da xeral, cun crono de 2.02 horas, mentras que o seu compañeiro de equipo Juan Carlos Varela o facía no posto 85, empregando un tempo de 2.28 horas. Pola súa parte, Ester Mourenza acababa no posto 48, con 3.48 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario