Atletismo Friol

Atletismo Friol

jueves, 16 de junio de 2016

Resultados Fin de semana 8 de maio

CORRE CON NÓS. PARQUE FERIAL

No entorno do Parque de Exposicións de Lugo se disputou a penultima proba do Corre con Nós, onde estivo presente unha boa delegación do club e na cal se obtiveron un total de 7 podiums.

Así, na categoría A, Aldara Ceide gañaba a súa categoría, mentras que a súa compañeira de equipo Ánxela Maneiro lograba a cuarta posición.

Polo que respecta a categoría C, se produciu un momento moi brillante na historia do cllub, xa que os nosos atletas copaban o completo o podium da proba masculina e femenina. Así, Noelia Sánchez se impoñía con autoridade nesta carreira, ocupando María Carballido e Nerea Lage a segunda e terceria posición respectivamente. Polo que respecta a carreira masculina, Cristian Santos se proclamaba gañador, mentras que Marcos Burgo era segundo e Miguel Ángel Sánchez entraba en terceira posición.

Xa na carreira de adultos, Adrián Lage lograba a decimosexta posición da xeral, sendo terceiro na súa categoría. Diego Trigo entraba no posto 78, Jesús Rivas no 89 e Manuel Ceide o 259. Polo que respecta a categoría femenina, Paula García ocupaba o posto 153 e Ester Mourenza o 154

CONTROL LANZAMENTOS. BASTIAGUEIRO

Tamén no fin de semana se disputou en A Coruña un control de lanzametos, no cal tomaba parte Andrea Iglesias, que na proba de lanzamento de disco cadete lograba un mellor resultado de 25.29 metros, gañando a súa proba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario