CAMPEONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO. LUGO
O pasado domingo 15 de Maio se disputou en Lugo o Campeonato Provincial de Atletismo das categorías inferiores do atletismo, e na cal o noso club tivo un gran resultado, obtendo un total de 34 medallas, sendo o segundo club da provincia no medallero definitivo deste evento. Desas medallas, 12 eran de ouro, 17 de prata e 5 de bronce.
Así, un dos grandes triunfadores da xornada era o lanzador Jorge Santos, que lograba tres medallas de ouro nos concursos de xavelina, martelo e disco. Tamén o infantil Samuel Castedo lograba a victoria no salto de altura. Pola súa parte, Juan David López gañaba os 2.000 metros alevín, Mario Campos os 2 km marcha, Carla Reija e Noelia Sánchez os 1.000 metros benxamín e infantil respectivamente, Paula Piñón as combinadas, Nerea Lage os 3 km marcha e os dous equipos infantiles de relevos 5x80 dominaban as súas respectivas probas.
Polo que respecta as medallas de prata, estas se lograban a través de David Fariñas no salto de altura e 500 metros alevín, Noel Villarábide nos 3.000 metros lisos infantil, Mateo Sánchez no salto de altura benxamín, Alejandro Fernández no salto de altura infantil, Esteban Espiñeira no lanzamento de disco, peso e martelo, Juan Zas nos 3.000 metros marcha, Lucía Varela nos 1.000 metros infantil, Andrea Fariñas nos 3.000 metros infantil, Noa Mouriz na altura benxamín, Carla Reija no peso benxamín, Nerea Lage no disco infantil, Noelia Sánchez no martelo infantil e Leyre Santos nos 2.000 metros marcha.
Por último, as medallas de bronce se lograban con Martín Vran no lanzamento de martelo e disco, con Lucía Varela no lanzamento de xavalina infantil, con Andrea Fariñas no salto de altura infantil e con Mateo Jaúregui no triplo salto infantil.
CARREIRA SOLIDARIA COLEXIO CERVANTES.
Tamén o club tivo presencia na Carreira Solidaria do Colexio Cervantes, onde se lograban un total de seis podiums,
Así, na categoría A, Aldara Ceide gañaba a súa proba. Dentro da categoría C, plena das nosas nenas no podium, xa que Noelia Sánchez, Nerea Lage e Vanesa Blanco lograba as tres primeiras posicións nese orde. Polo que respecta os nenos, Cristian Santos gañaba a súa proba e Marcos Burgo lograba a terceira posición. Miguel Ángel Sánchez lograba o cuarto lugar.
Na categoría de adultos, Diego Trigo finalizaba no posto 20 da categoría absoluta, Jesús Rivas no posto 26 e Manuel Ceide o facía no posto 85. Na categoría femenina, Ester Mourenza finalizaba no posto 37
CONTROL MARCAS. O BARCO.
Tamén se disputou en O Barco un control de marcas, onde particpanban tres atletas do club. Así, María Carballido gañaba a súa proba, quedándose a un segundo da marca mínima para o Campeonato de España de 1.500 metros obstáculos. María facía 5.31 minutos. Pola súa parte, Adrián Lage marcaba un crono de 4.15 nos 1.500 metros lisos, mentras que a súa compañeira de equipo Paula Piñón facía 1.38 metros no salto de altura e 8.71 metros no triplo salto. Por último, Andrea Iglesias facía 22.19 metros no lanzamento de disco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario